Concepción Arenal Ciencias y Humanidades

Concepción Arenal Ciencias y Humanidades
[PUBLIC]

Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

Palabras veciñas

Concepción | Concepción | Concepción | Concepción Arenal Ciencias y Humanidades | Concepción, castelo da | Concepción, castelo da | concepcionista