Concha, Juan de la

Concha, Juan de la

Sacerdote dominicano. Dedicouse ao ensino desde que entrou na orde (1643). No ano 1653 doou os seus bens ao convento da Coruña para sufragar os gastos dun novo altar maior e do cadeirado do coro. Prior do convento de San Domingos en Santiago de Compostela desde 1683, foi nomeado prior do convento da Coruña, presentador por esta provincia e cualificador do Santo Oficio en 1685. No ano 1687 foi elixido definidor do capítulo provincial e vicario provincial do Reino de Galicia durante dous anos. Desde 1686 ocupou o cargo de prior do hospicio de Madrid e tres anos máis tarde foi nomeado mestre de teoloxía.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Segovia