Concha de Arosa, La
Concha de Arosa, La
Publicación subtitulada “Revista semanal de la Casa de Baños” que saíu os días 1, 8, 16 e 24 de cada mes, en Vilagarcía de Arousa, a partir de agosto de 1889. Editouse na imprenta de Paratcha e dividíase en: “Sección editorial”, “De la Casa de Baños” e “Sección local”. Entre os seus colaboradores figuraban Emilio A. Villegas, C. Ortega e Laureano Salgado. Centrouse en informar sobre as actividades do balneario, a súa tarifa de prezos, observacións metereolóxicas, consellos sobre hixiene e saúde, a programación das festas de San Roque e outros acontecementos da localidade.