Conchillos, Lope de

Conchillos, Lope de

Político. Membro dunha familia conversa, foi secretario de Fernando o Católico. Levado a prisión cando o monarca foi rexeitado polos casteláns (1505), deseguida foi liberado e nomeado secretario do Consello de Castela durante a rexencia de Fernando (1507-1516) e, entre outros cargos, foi membro da secretaría de Indias. Cando o rei morreu, o cardeal Cisneros cesouno de todos os cargos e marchou a Flandres, onde ofreceu os seus servicios a Carlos I. O novo monarca outorgoulle de novo a dirección dos asuntos das Indias ata que foi destituído, acusado de corrupción (1518).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tarazona

  • Deceso

    Lugar : Toledo