conciliarismo

conciliarismo

(< 2 conciliar)

s m [RELIX]

Doutrina que sostén a supremacía do concilio sobre o papa. O Decreto de Gracia (s XII) inclúe xa o principio que determina que o papa pode ser xulgado pola Igrexa en caso de herexía. Marsilio de Padua e William Ockam (s XIV) estableceron a base do conciliarismo, defendido brillantemente por Konrad von Gelnhuasen, Heinrich von Langenstein, Pierre d’Ailly e Gerson. Esta doutrina, que triunfou co Cisma de Occidente, aplicouse nos concilios de Constanza (1418) e Basilea (1447), e tivo adeptos ata o Concilio I do Vaticano (1869-1870).

Palabras veciñas

1 conciliar | 1 conciliar | 2 conciliar | conciliarismo | conciliatio* | conciliatorio -ria | concilio