Concini, Concino
Concini, Concino
Aventureiro e político, marqués de Ancre. Estivo en Francia ao servizo de María de Medici cando esta casou con Enrique IV (1600). Morto o rei (1610), axiña se fixo nomear mariscal de Francia (1613) e lugartenente real de Picardie (1611) e de Normandia (1616). A súa avidez e os seus intentos por limitar o poder da nobreza levantaron o odio xeral e Luís XIII ordenou o seu arresto. Morreu asasinado por Vitry na ponte do Louvre.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : París