concisión
concisión
(< lat concisiōne)
-
s
f
Calidade de conciso.
-
s
f
[LIT]
Modelo retórico baseado na sinxeleza expresiva, que implica a habilidade do orador para articular un discurso no que se enuncie con claridade, brevidade e precisión un conxunto de ideas. Entre os procedementos empregados para acadala son comúns, ademais dos períodos breves e dos tempos simples, a alusión, a elipse, o asíndeto ou as reticencias. Na Antigüidade clásica sinalábanse como exemplos de concisión a prosa de Aristóteles e os textos de César, Xuvenal ou Tácito. O conceptismo defendeu tamén a concisión estilística. Na literatura galega, os textos breves de Cousas (1926), de Castelao, constitúen unha mostra representativa desta tendencia.