Condado, viño do
Condado, viño do
[ALIM]
Área vitivinícola que se corresponde aproximadamente coa bisbarra do Condado de Tea, excelente polo seu clima e edafoloxía para o cultivo da vide. O viño tradicional do Condado facíase cunha mestura de castes de uva, fundamentalmente albariño, treixadura e loureira para os brancos, afroitados e aromáticos; e espadeiro, caíño e outros tipos autóctonos para os tintos. Está integrada na Denominación de Orixe Rías Baixas.