Conde, castelo do

Conde, castelo do

Construción militar situada no interior da fortaleza de Salvaterra de Miño construída a mediados do XVI tralas invasións portuguesas que arrasaran a fortificación anterior. As obras de ampliación afectaron á parte oeste e á norte, onde se levantou baixo o amparo de Guillén Román de Moncada, marqués de Aytona e capitán xeneral de Galicia, o castelo de Santiago de Aytona. Construíronse pavillóns, polvoreiras, almacéns, cuarteis e a casa do gobernador. Posteriormente, fixéronse proxectos de ampliación coa construción do Pazo do Conde no s XVII do que na actualidade só quedan as chamadas Covas de dona Urraca, accesibles por unha escaleira de caracol que dá paso ás estancias abovedadas. Este conxunto rehabilitouse a finais dos anos noventa mellorando os muros defensivos do recinto. Acolle a celebración da Festa do Viño do Condado o derradeiro domingo do mes de agosto. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1995.