Conde, Enrique
Pintor e escultor, fillo de Xosé Conde Corbal. Comezou a súa andaina artística na pintura. En 1971 realizou a primeira exposición individual no Museo Arqueolóxico de Ourense, onde traballou con Xesús Ferro Couselo. Viviu fóra de Galicia ata que, en 1980, se instalou en Vilagarcía de Arousa, onde comezou a cultivar a escultura. Empregou a madeira, o ferro e a pedra como materiais principais das súas obras e, en 1991, celebrou a súa primeira mostra escultórica en Santiago de Compostela. A súa obra, influenciada por Chillida e Oteiza, achegouse ás propostas construtivistas. Entre as súas construcións destaca a peza realizada para o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (1993) e a súa participación no proxecto Galicia Terra Única (1997). Ilustrou tamén un libro de poemas de Miguel Durán.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Benavente, Zamora