Conde de León, Alberto

Conde de León, Alberto

Músico e compositor. Iniciou os estudos musicais aos seis anos e graduouse en guitarra clásica con Tomás Camacho. En 1980 estudou con Hal Crook na San Diego School of Performing Music e acadou o título de profesor de harmonía, composición e arranxos. Fundou en 1980 a Escola Baio Ensemble de Vigo e escribiu pezas para o Noneto formado na mesma. Ese mesmo ano compartiu escenario e participou en Jam sesions con Steve Lacy, Chet Baker, Philip Catherine e Roy Hargrove, entre outros músicos. En 1987 dirixiu a cátedra de Harmonía Contemporánea e Improvisación no conservatorio de Santiago de Compostela. Participou na gravación de diferentes programas de televisión e radio (Jazz entre amigos, La Buena Música, etc) e da súa discografía destaca Paisajes (1985), Diálogos (1995), A lagoa dos Atlantes (1997) e Celtrópolis (1999). Así mesmo, é autor e director artístico do concerto sinfónico para orquestra e guitarra dividido en cinco movementos, Sonidos de Bitácora (1998-2001), Entremares en Alberto Conde Trío (Karonte/Nuba Records, 2004) con Baldo Martínez y Nirankar Khalsa, Andaina en Alberto Conde Trío (Karonte/Nuba Records, 2006) con Baldo Martínez y Nirankar Khalsa e Atlantic bridge como Alberto Conde (Karonte/Nuba Records, 2010) con Steve Brown. Foi galardoado no XXI Festival de Jazz de Donostia

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Caracas