Conde Montero-Ríos, Fernando
Avogado e empresario. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en asuntos marítimos en Alemaña, Francia e Inglaterra. Axente de aduanas, titulouse en dirección de empresas e actividades turísticas. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vigo (1984-2001), vicepresidente da Xunta do Porto e Ría de Vigo, do primeiro comité executivo da organización territorial pontevedresa da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e do Grupo Corporación Noroeste. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Fernando Conde y Compañía, Antonio Conde Hijos-Canarias, S A e Promociones Vigo, S A, e pertenceu aos consellos de administración das empresas do Grupo Corporación Noroeste, S A. Fundou a Asociación Provincial de Agencias Marítimas (1977) e colaborou na fundación, en 1977, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso