condensador -ra
(< condensar)
-
adx
-
Que condensa.
-
Relativo ou pertencente á condensación.
-
-
[TECNOL]
-
s
m
Dispositivo formado por dous condutores ou armaduras separadas por un dieléctrico, caracterizado por posuír unha capacidade determinada que depende da superficie das armaduras, da súa separación e do tipo de dieléctrico. O primeiro tipo de condensador ideado foi a botella de Leiden, que se perfeccionou posteriormente. Os condensadores empregados actualmente son de tipos moi diversos: segundo o seu dieléctrico hai condensadores de aire, de papel, de tántalo, de mica, cerámicos, electrolíticos, etc; segundo a súa forma ou disposición, poden ser planos, cilíndricos, de disco, etc; e, segundo o valor da súa capacidade, poden ser fixos, variables ou axustables. Nos circuítos electrónicos os condensadores cumpren diversas funcións; así, hainos de filtración, de paso, de sintonía, de bloqueo, etc.
-
condensador electrolítico
Condensador constituído por dous electrodos de aluminio ou de tántalo -un destes recuberto polo seu óxido- e por un electrólito. Os condensadores electrolíticos teñen unha capacidade moi elevada, pero presentan algúns inconvenientes: desgaste co tempo, corrente de fugas importante, capacidade pouco estable, etc. Ademais, están polarizados, é dicir, deben ser conectados en circuítos de corrente continua coa polaridade correcta. Hai algúns tipos especiais que funcionan con corrente alterna.
-
condensador variable
Condensador constituído por un grupo de armaduras metálicas móbiles que poden desprazarse ou xirar en relación con outro grupo de armaduras fixas. Con este movemento, conséguese facer variar a capacidade entre uns certos límites polo feito de variar a superficie entre armaduras. Empréganse en radiotécnica para modificar a frecuencia dun circuíto oscilante co fin de sintonizar unha onda; neste caso chámanse condensadores de sintonía.
-
s
m
-
s
m
[TECNOL]
Sistema óptico converxente que concentra sobre o obxecto os raios luminosos procedentes da fonte luminosa co fin de iluminalo uniforme e suficientemente. Empregado normalmente nos aparellos de proxección, nos microscopios e nas ampliadoras, está constituído por unha lente ou asociación de lentes convexas ou plano-convexas, para procurar que a aberración de esfericidade sexa mínima.
-
s
m
[TECNOL]
Aparello utilizado para condensar un vapor. Segundo o sistema físico empregado, hai dous tipos de condensadores: condensador de mestura, no que o fluxo ascendente de vapores que se teñen que condensar se salpica cun líquido frío, xeralmente auga, e no que á saída deste líquido arrastra o condensado; e condensador de superficie, aparello no que o vapor a condensar e o fluído frío están separados por unha parede.