Condes de Altamira, castelo dos
Condes de Altamira, castelo dos
Construción defensiva situada no val da Maía, erixida polo conde de Altamira tralas Revoltas Irmandiñas. Só se conservan restos das murallas e das torres sobre un outeiro rochoso. O recinto tiña planta poligonal con torre de homenaxe no patio central e cuarteis, pozos, almacéns e capela. Neste castelo pasou o arcebispo Alonso de Fonseca algún tempo como reo.