Conegliano
Conegliano
Cidade da provincia de Treviso, Veneto, Italia (34.764 h [1991]). A base da súa economía é a industria, principalmente a produción de viño e algodón. Pertenceu á Serenissima Republica di Venezia (1420-1797). Durante o s XIX estivo dominada polas tropas francesas e austríacas. Do seu patrimonio destacan o Duomo (ss XIV-XV), a igrexa de San Rocco (s XVIII), cunha fachada inaugurada en 1901, o Palazzo Municipale (s XVIII) e o Teatro Accademia (s XIX).