Confederación Helvética
Confederación Helvética
Nome que recibiu a entidade política, coñecida como Suíza, establecida entre varias comunidades alpinas entre 1291 e 1848, ano en que se aprobou a Constitución que a organizaba de xeito federal. Malia que a súa denominación oficial é Schweizerische Eidgenossenschaft, Confédération Suisse e Confederazione Svizzera, o acrónimo CH emprégase nas placas dos automóbiles.