Confederación Hidrográfica del Norte

Confederación Hidrográfica del Norte

Organismo autónomo, dependente da Secretaría de Estado de Aguas y Costas do ministerio de Medioambiente, responsable da xestión das augas públicas e das concas fluviais das comunidades autónomas de Galicia e Asturias, ademais da maior parte de Cantabria (agás unha pequena porcentaxe do S e do SL que depende das confederacións do Ebro e do Douro) e dos territorios de Bizkaia e Gipuzkoa. Creado por decreto do ministerio de Obras Públicas o 16 de marzo de 1961, a súa sede está en Oviedo. En Galicia ten oficinas en Lugo, Monforte de Lemos e Ourense. As súas principais funcións son regular os aproveitamentos hídricos, planificar e acometer as obras de infraestruturas hidrolóxicas e vixiar o cumprimento da lexislación medioambiental relativa ás augas continentais.