confesión
(
-
s
f
Acción de confesar ou confesarse.
-
-
s
f
Aquilo que se confesa.
-
s
f
[DER]
No dereito procesal canónico, afirmación escrita ou oral sobre algún feito perante o xuíz competente, manifestada por algunha das partes sobre a materia do xuízo e efectuada contra si mesma, tanto de forma espontánea como pola interrogación do xuíz.
-
s
f
[DER]
Declaración pola que unha persoa recoñece a súa participación nun feito delitivo como autor, cómplice ou encubridor. Se se realiza no acto de xuízo oral e o defensor manifesta o seu acordo, o tribunal dita sentencia.
-
confesión en xuízo
[DER]
Medida de proba testemuñal prestada por unha das partes litigantes nun proceso. Consiste na declaración sobre os feitos alegados e discutidos no preito, con recoñecemento ou sen el dos feitos que a poden prexudicar.
-
s
f
-
s
f
[RELIX]
-
Sacramento da penitencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “A confesión de tamboril, absolución de chifre. Para unha mala confesión, pouca penitencia abonda”.
-
Parte do sacramento da penitencia consistente na declaración dos propios pecados ao sacerdote.
-
-
[RELIX]
-
s
f
Igrexa ou relixión á que pertence unha persoa.
Ex: As confesións católicas protestan polas reformas papais.
-
confesión de fe
Síntese escrita da fe dunha igrexa, especialmente protestante. Chámaselles símbolo ás confesións de fe da Igrexa primitiva, profesión de fe, ás católicas de época moderna, e confesión de fe, ás da Reforma, nacidas da necesidade de definirse nos diversos grupos, diante da Igrexa de Roma e entre eles. Na Dieta de Augsburgo (1530) xurdiron a confesión de Augsburgo e a Tetrapolitana.
-
s
f
-
s
f pl
[LIT]
Modalidade narrativa autobiográfica na que o autor fai un relato da súa propia existencia, deténdose especialmente na indagación íntima da súa personalidade e deixando nun segundo plano os feitos biográficos puntuais. Este desprezo dos feitos en favor da vivencia emocional, espiritual ou intelectual achégaa aos eidos do ensaio e da lírica. As primeiras mostras localízanse nas cartas de autores da Antigüidade clásica como Ovidio, Cicerón ou Séneca, pero foron as Confesións de Agostiño de Hipona (397-401) as que fixaron o nome co que se coñeceu este tipo de literatura e os seus trazos característicos. Xunto a esta obra, destacan Confessions (Confesións, 1782 e 1789), de Jean-Jacques Rousseau; Confesións dun inglés consumidor de opio (1821), de Th. de Quincey; ou Ispovied (Confesión, 1882), de L. Tolstoi. A confesión converteuse tamén en técnica dos relatos de fición, como La confession d’un enfant du siècle (A confesión dun rapaz do século, 1836), de A. de Musset, ou as Confesiones de un pequeño filósofo (1904), de Azorín.
-
s
f
[ARQUEOL]
Sepulcro dun mártir (confesor da fe) sobre o que se construíu un altar. Unha ventá permitía que os fieis venerasen o mártir. Máis baixa ca o nivel da igrexa, a miúdo deu orixe á construción dunha cripta baixo o presbiterio. Presentan esta construción as igrexas romanas de San Clemente, San Giovanni Laterano e San Pedro do Vaticano, e a catedral de Santiago de Compostela.
Refráns
- A confesión de tamporil, absolución de chifre.
- Para unha mala confesión, pouca penitencia abonda.
- Unha ruín confesión requere ruín penitencia.