confesar
(< lat tardío confessare < lat confessu,p p de confĭtēri)
-
v t
-
Admitir algo, especialmente o que se mantiña en secreto.
Ex: Despois de moito falar confesoume que era a miña verdadeira nai.
Sinónimos: declarar, recoñecer. -
Recoñecer alguén formalmente que cometeu un delito.
Ex: Confesou o seu crime perante o xuíz.
Sinónimos: admitir, declarar. -
Manifestar os pecados propios, de forma voluntaria, a un sacerdote a fin de recibir a absolución.
Ex: Confesou que pecara contra o sexto mandamento. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Custoulle tres días confesar. O reo non confesou. Decidiu non confesar polo Nadal.
Sinónimos: admitir, declarar, recoñecer.
-
-
v t
Oír en confesión e administrar o sacramento da penitencia.
Ex: Confesouno o cura máis novo que asistira á cerimonia. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O cura confesa antes da misa.
-
v t
Declarar publicamente as crenzas propias en algo ou en alguén.
Ex: Confesou a súa fe en Cristo. Confesou o seu republicanismo.
Sinónimos: admitir, recoñecer. -
v i e pron
Contarlle unha persoa os seus pecados a un cura. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que moito se confesa, moito ten que confesar. Quen moito se confesa, será porque moito peca”.
Ex: Confesou co cura da parroquia veciña. Confesouse o domingo pasado.
-
v pron
Admitir ou recoñecer unha persoa que é o que expresa.
Ex: Confesouse inocente dos crimes que lle imputaban. Despois de moito discutir confesouse republicano.
-
v pron
Contar alguén os seus segredos ou intimidades a outra persoa.
Ex: Antes de falar coa nai, confesouse co seu mellor amigo.
Palabras veciñas
confesable | confesante | Confesante, Igrexa | confesar | confesión | confesional | confesionalidadeIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confeso
confesas
confesa
confesamos
confesades
confesan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesaba
confesabas
confesaba
confesabamos
confesabades
confesaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesei
confesaches
confesou
confesamos
confesastes
confesaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesara
confesaras
confesara
confesaramos
confesarades
confesaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesarei
confesarás
confesará
confesaremos
confesaredes
confesarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesaría
confesarías
confesaría
confesariamos
confesariades
confesarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confese
confeses
confese
confesemos
confesedes
confesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesase
confesases
confesase
confesasemos
confesasedes
confesasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesar
confesares
confesar
confesarmos
confesardes
confesaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
confesa
-
-
confesade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confesar
confesares
confesar
confesarmos
confesardes
confesaren
confesada
confesados
confesadas