recoñecer
(< lat recognescĕre)
-
v t
Identificar unha persoa ou cousa xa coñecida con anterioridade.
Ex: Recoñeceríao no medio de mil persoas. Recoñecín a túa obra na exposición.
-
v t
-
Admitir a verdade sobre algo.
Ex: Recoñeceu que non estudiara nada.
-
Admitir unha cousa como oficial, especialmente algo que antes se negaba ou ocultaba.
Ex: Recoñeceu o crime tras o interrogatorio.
-
-
v t
-
Examinar algo ou alguén para percibir a súa identidade ou natureza.
Ex: Os xeólogos recoñeceron a rocha para saber de onde proviña.
-
[MED]
Someter a un individuo a un recoñecemento médico.
-
[BÉL]
Examinar o terreo, normalmente antes da toma de decisión por parte dos xefes militares, para investigar o seu estado, os perigos que hai e os recursos do inimigo.
-
-
v t
Manifestar agradecemento por un beneficio ou favor.
Ex: O xefe recoñeceulle todo o traballo que fixo na empresa.
-
v t
Aceptar como lexítimo.
Ex: Recoñeceu o neno como fillo seu.
-
v pron
Confesar ou declarar a culpabilidade de algo.
Ex: Recoñeceuse culpable do atraco.
-
v pron
Identificarse coa propia imaxe.
Ex: Non me recoñezo con este vestido.
Palabras veciñas
recondución | reconducir | recoñecemento | recoñecer | recoñecíbel | recoñecible | recoñecido -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñezo
recoñeces
recoñece
recoñecemos
recoñecedes
recoñecen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecía
recoñecías
recoñecía
recoñeciamos
recoñeciades
recoñecían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecín
recoñeciches
recoñeceu
recoñecemos
recoñecestes
recoñeceron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecera
recoñeceras
recoñecera
recoñeceramos
recoñecerades
recoñeceran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecerei
recoñecerás
recoñecerá
recoñeceremos
recoñeceredes
recoñecerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecería
recoñecerías
recoñecería
recoñeceriamos
recoñeceriades
recoñecerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñeza
recoñezas
recoñeza
recoñezamos
recoñezades
recoñezan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecese
recoñeceses
recoñecese
recoñecesemos
recoñecesedes
recoñecesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecer
recoñeceres
recoñecer
recoñecermos
recoñecerdes
recoñeceren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
recoñece
-
-
recoñecede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles recoñecer
recoñeceres
recoñecer
recoñecermos
recoñecerdes
recoñeceren
recoñecida
recoñecidos
recoñecidas