confinamento

confinamento

(< confinar)

  1. s m

    Acción e efecto de confinar ou de confinarse.

  2. s m [DER]

    Pena restritiva da liberdade que consiste en fixar a residencia do condenado nun lugar determinado, aínda que baixo a vixilancia da autoridade respectiva. Aplícase xeralmente a reos condenados por delitos políticos.

    Ex: O confinamento no cárcere de máxima seguridade durou tres anos.

  3. s m [FÍS]

    Nome xenérico dos diferentes métodos de delimitación espacial dun plasma, que teñen como obxectivo illar termicamente a corrente dun plasma das paredes do recipiente que o contén. Os máis usuais son o confinamento magnético, acadado mediante intensos campos magnéticos que aproveitan o efecto de estricción e que se empregan nos tokomaks para a experimentación da fusión nuclear, e o confinamento inercial, acadado mediante forzas inerciais.

  4. confinamento dos quarks [FÍS]

    Teoría que tenta xustificar a imposibilidade de illar os quarks constituíntes dos hadróns. Segundo esta teoría, a interacción entre os quarks é nula ou despreciable en distancias moi pequenas, pero aumenta ao separarse para volverse infinita cando as distancias entre eles acadan as dimensións dun hadrón.

Palabras veciñas

confín | Confín | confinado -da | confinamento | confinante | confinar | Confíns Militares