Confíns Militares
Confíns Militares
División administrativa e militar do imperio dos Habsburgo que abranguía os territorios situados entre o mar Adriático e Transilvania. En 1538 organizáronse en Croacia os primeiros confíns, pero a organización definitiva foi obra do príncipe Uxío no s XVIII. Creáronse coa finalidade de impedir a penetración turca e para reprimir unha eventual revolta húngara. Nos territorios establecéronse pobos eslavos que recibiron, a cambio dun servizo activo, un feudo por familia. Coa decadencia do Imperio turco desapareceron de xeito progresivo ao longo do s XIX.