confirmador -ra

confirmador -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen confirma.

  2. s m pl [DER]

    Persoas que realizan un acto xurídico de confirmación. Desde a Idade Media son os signatarios (confirmantes) dos diplomas que achegaban un contexto solemne e cualificado á actio documental. O número de confirmadores variou segundo as chancelerías, de xeito que nalgúns diplomas merovinxios aparecen ata corenta. No ordenamento xurídico contemporáneo teñen lexitimación para efectuar actos de confirmación os que no momento de contratar non tiñan capacidade de obrar ou a tiñan reducida, aqueles que sufriran vicios no consentimento, e o cónxuxe cando sexa preceptivo o seu consentimento para a realización dun acto polo seu consorte.

Palabras veciñas

confirmable | confirmación | confirmado -da | confirmador -ra | confirmando -da | confirmante | confirmar