confirmar
(< lat confirmāre)
-
v t
-
Reafirmar, facer aínda máis firme e seguro, algo que non se sabe con certeza.
Ex: As súas palabras confirman a miña opinión. Os xornais aínda non confirmaron a noticia.
Sinónimos: corroborar, ratificar. -
Asegurar alguén que son verdadeiras as palabras doutra persoa.
Ex: O presidente confirmou o que dixera o ministro.
-
Facer que algo provisional ou dubidoso pase a ser definitivamente certo.
Ex: O adestrador confirmou o once inicial. O maxistrado confirmou a sentencia. Confirmáronlle o nomeamento dun funcionario.
Sinónimos: corroborar, ratificar. Confrontacións: verificar. -
Ter alguén máis seguridade nunha determinada crenza, sospeita ou intención.
Ex: A difícil situación confirmouno no empeño de conseguir cartos de calquera forma.
-
Adquirir máis certeza un xuízo de valor que se fai sobre algunha persoa.
Ex: O novo proxecto confírmao como o mellor arquitecto.
-
-
v t
Renovar a alguén nalgún cargo.
Ex: Confirmárono no cargo de delegado.
-
v t
[RELIX]
Administrar o sacramento da confirmación.
-
v pron
-
Acabar por ser certo algo que era dubidoso.
Ex: Confirmouse a noticia despois de dous días de espera.
-
Ter alguén por máis verdadeiras unha determinada crenza, sospeita ou intención.
Ex: Confírmome cada vez máis nesa idea que che parece absurda.
-
-
v pron
[RELIX]
Recibir alguén o sacramento da confirmación.
Ex: Este ano confírmanse poucos rapaces da parroquia.
Palabras veciñas
confirmador -ra | confirmando -da | confirmante | confirmar | confirmatio* | confirmativo -va | confirmatorio -riaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmo
confirmas
confirma
confirmamos
confirmades
confirman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmaba
confirmabas
confirmaba
confirmabamos
confirmabades
confirmaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmei
confirmaches
confirmou
confirmamos
confirmastes
confirmaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmara
confirmaras
confirmara
confirmaramos
confirmarades
confirmaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmarei
confirmarás
confirmará
confirmaremos
confirmaredes
confirmarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmaría
confirmarías
confirmaría
confirmariamos
confirmariades
confirmarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirme
confirmes
confirme
confirmemos
confirmedes
confirmen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmase
confirmases
confirmase
confirmasemos
confirmasedes
confirmasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmar
confirmares
confirmar
confirmarmos
confirmardes
confirmaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
confirma
-
-
confirmade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confirmar
confirmares
confirmar
confirmarmos
confirmardes
confirmaren
confirmada
confirmados
confirmadas