confirmar

confirmar

(< lat confirmāre)

  1. v t
    1. Reafirmar, facer aínda máis firme e seguro, algo que non se sabe con certeza.

      Ex: As súas palabras confirman a miña opinión. Os xornais aínda non confirmaron a noticia.

      Sinónimos: corroborar, ratificar.
    2. Asegurar alguén que son verdadeiras as palabras doutra persoa.

      Ex: O presidente confirmou o que dixera o ministro.

    3. Facer que algo provisional ou dubidoso pase a ser definitivamente certo.

      Ex: O adestrador confirmou o once inicial. O maxistrado confirmou a sentencia. Confirmáronlle o nomeamento dun funcionario.

      Sinónimos: corroborar, ratificar. Confrontacións: verificar.
    4. Ter alguén máis seguridade nunha determinada crenza, sospeita ou intención.

      Ex: A difícil situación confirmouno no empeño de conseguir cartos de calquera forma.

    5. Adquirir máis certeza un xuízo de valor que se fai sobre algunha persoa.

      Ex: O novo proxecto confírmao como o mellor arquitecto.

  2. v t

    Renovar a alguén nalgún cargo.

    Ex: Confirmárono no cargo de delegado.

  3. v t [RELIX]

    Administrar o sacramento da confirmación.

  4. v pron
    1. Acabar por ser certo algo que era dubidoso.

      Ex: Confirmouse a noticia despois de dous días de espera.

    2. Ter alguén por máis verdadeiras unha determinada crenza, sospeita ou intención.

      Ex: Confírmome cada vez máis nesa idea que che parece absurda.

  5. v pron [RELIX]

    Recibir alguén o sacramento da confirmación.

    Ex: Este ano confírmanse poucos rapaces da parroquia.

Conxugar
VERBO confirmar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmo
confirmas
confirma
confirmamos
confirmades
confirman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmaba
confirmabas
confirmaba
confirmabamos
confirmabades
confirmaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmei
confirmaches
confirmou
confirmamos
confirmastes
confirmaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmara
confirmaras
confirmara
confirmaramos
confirmarades
confirmaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmarei
confirmarás
confirmará
confirmaremos
confirmaredes
confirmarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmaría
confirmarías
confirmaría
confirmariamos
confirmariades
confirmarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirme
confirmes
confirme
confirmemos
confirmedes
confirmen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmase
confirmases
confirmase
confirmasemos
confirmasedes
confirmasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmar
confirmares
confirmar
confirmarmos
confirmardes
confirmaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
confirma
-
-
confirmade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confirmar
confirmares
confirmar
confirmarmos
confirmardes
confirmaren
Xerundio confirmando
Participio confirmado
confirmada
confirmados
confirmadas