confirmatio*

confirmatio*
s f [LIT]

Parte do discurso na que o orador presenta argumentos e probas para apoiar a conveniencia dunha proposición ou discurso. As retóricas clásicas concibíana como a serie probatoria da argumentatio, ou división principal do discurso, oposta á refutatio, na que se rebatía a posición contraria. Empregábase tamén como a actividade básica da progymnasmata, ou exercicios retóricos elementais practicados nas escolas, segundo a que os estudiantes debían argumentar oralmente a favor ou en contra da probabilidade ou credibilidade dunha historia verídica ou ficticia sobre uns modelos establecidos. A confirmatio mantívose nos tratados retóricos medievais e renacentistas, e, posteriormente, trasladouse ás retóricas vernáculas dos ss XVII e XVIII. A partir do s XIX, o termo estendeuse a outros ámbitos, máis alá da especialización dos tratados forenses ou oratorios.