conflitivo -va

conflitivo -va

(< conflicto)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao conflito.

    Ex: Viviu nunha época conflitiva marcada pola crise e as loitas sociais.

  2. adx

    Que causa ou pode causar conflitos.

    Ex: A elección das persoas que ocuparán os cargos vai ser conflitiva. Trasladaron os encarcerados máis conflitivos para outro pavillón.

Palabras veciñas

conflagración | Conflent, O | conflitividade | conflitivo -va | conflito | confluencia | confluente