Conforto, Santa María de

Conforto, Santa María de

Igrexa parroquial situada na Pontenova. Construíuse entre 1662 e 1664 segundo os planos do arquitecto e rexedor de Viveiro Diego Ibáñez Pacheco. Consta dunha nave dividida en tres tramos e con cuberta abovedada. No interior destaca a decoración pictórica das bóvedas de finais do s XVIII. No exterior destaca a portada renacentista formada por un arco de medio punto situado entre pilastras estriadas e cun frontón rematado con acroteras. A torre, pegada á fachada, está formada por catro corpos que rematan nun chapitel.