Confucio
Nome latinizado de Kong Fuzi (‘mestre Kong’), filósofo e reformador dos costumes chineses, considerado como o fundador do confucianismo. Por motivos descoñecidos tivo que saír da súa terra a comezos do s V a C e viviu errante trece anos. Finalmente, obtivo a autorización para volver ao seu país: abriu unha escola, coa que reuniu un gran número de discípulos, e dedicouse á recompilación de textos antigos, que permiten coñecer actualmente costumes e tradicións de China. Os Anais de primavera e outono recollen a historia de China no estado de Lu desde o 722 ao 481 a C e Analectas ou Conversas de Confucio, é unha obra recompilada polos seus discípulos, que se toma como a fonte máis fidedigna sobre a súa vida e as súas ensinanzas, que tiveron un carácter máis ético ca relixioso.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Shandong -
Deceso