Congo, cubeta do

Congo, cubeta do

Depresión tectónica de África ecuatorial drenada polo río Congo e polos seus afluentes e dividida politicamente entre a República Democrática do Congo e a República do Congo. Ocupa unha superficie aproximada de 3.500.000 km2. Tectonicamente é un bloque fundido de zócolo cristalino, cuberto por unha serie de estratos sedimentarios, no centro do que destacan as terrazas fluviais do río Congo. A súa conca está separada das rexións circundantes por unha serie de altiplanos e macizos graduados. O clima, que é ecuatorial, propicia unha vexetación de selva, especialmente na súa parte central, mentres que a sabana e o bosque en galería esténdense ás areas periféricas. A súa fauna tamén responde a esta sectorialización: así, a selva é rica en simios antropomorfos e paxaros; nas rexións máis abertas habitan os grandes hervíboros. Os principais grupos étnicos que poboan esta rexión son os bantús e os pigmeos, que se organizan en pequenas comunidades. Coa colonización europea desenvolvéronse grandes cidades, especialmente na zona meridional.