Congreso de Notables
Congreso de Notables
Órgano de goberno das cidades galegas durante a ocupación francesa na Guerra da Independencia. Formárono os representantes da Igrexa e da nobreza, comerciantes, profesionais liberais e os rexedores dos concellos. Actuou en Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui. Tiña como competencias a resolución dos problemas máis inmediatos das vilas.