conimbricense
conimbricense
(
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga Conimbriga.
-
s
Natural ou habitante da antiga cidade de Conimbriga.
-
adx
[FILOS]
Aplícase a cada un dos cursos (Cursus philosophicus conimbricensis ou Cursus conimbricensis) que impartiron os mestres de filosofía da Compañía de Xesús na Universidade de Coimbra a partir de 1555. Inspirados nas ensinanzas de Pedro Fonseca, elaboraron comentarios á obra de Aristóteles, relativos sobre todo á física e, en menor medida, á moral, pois a metafísica xa se consideraba explicada nos estudios de Fonseca. O curso consta de oito volumes publicados entre 1591 e 1607 que, en moitos casos, inclúen o texto grego e a súa tradución ao latín.