consello
(
-
-
s
m
Opinión que alguén dá ou recibe sobre cómo se deben facer as cousas.
Ex: Foille pedir consello ó seu pai antes de aceptar o traballo.
-
consellos evanxélicos
[RELIX]
Máximas evanxélicas (pobreza, castidade e obediencia, consideradas como ideais da vida cristiá) que a Igrexa católica non considera categóricas, como os preceptos e os mandamentos.
-
s
m
-
-
s
m
Órgano administrativo colexiado, con funcións consultivas (consello de Estado), xurisdicionais (consello de guerra) ou executivas e deliberativas, como no caso do consello de ministros. A miúdo desígnanse co nome de consello xeral ou consello supremo aqueles que teñen un ámbito territorial máis amplo ou un rango superior.
-
s
m
[HIST]
Órgano colexiado que asesoraba no goberno os reis españois durante a Idade Moderna. Ten a súa orixe nos consellos reais das Cortes medievais, que aumentaron o seu número e atribucións co proceso de fortalecemento do Estado e a maior complexidade administrativa. Constituíronse distintos tipos segundo as súas funcións e o seu ámbito territorial: o Consello de Estado, con atribucións sobre toda a monarquía; os consellos territoriais de Aragón, de Castela, de Flandres, de Indias, de Italia, de Navarra e de Portugal; e os consellos temáticos de Facenda, de Guerra, da Inquisición e da Cruzada. No s XVII, paralelamente ao ascenso da figura dos favoritos, decaeu a súa importancia.
Consello de Estado
Órgano supremo consultivo de España. Foi creado por Carlos I en 1526 para dirixir os asuntos de Estado e a política exterior. Estaba presidido polo monarca e entre os seus compoñentes predominaban os aristócratas. No s XIX, a Constitución de 1812 deseñou un Consello de Estado fundamental para determinadas decisións do monarca e con funcións xurídico-administrativas. Trala Lei de Maura de 1904, retomou a súa función de órgano consultivo do goberno. Ten a súa sede no Palacio de los Consejos de Madrid.
Consello de Aragón
Consello da coroa aragonesa, tamén denominado Consello Supremo de Aragón durante a monarquía dos Austrias e o reinado de Filipe V. A súa orixe remóntase ao consello creado por Pedro IV en 1344. Actuaba como un órgano consultivo do goberno e como tribunal supremo de xustiza. En 1555 separáronse do Consello de Aragón os asuntos referentes ás posesións italianas e creouse o Consello de Italia. Trala guerra de Sucesión (1701-1714), suprimiuse e as súas competencias transferíronse ao Consello de Castela.
Consello de Castela
Órgano supremo de goberno do reino de Castela, tamén denominado Consello Real. A primitiva curia rexia transformouse, durante a Baixa Idade Media, no Consello Real de Castela, que asesoraba o rei no goberno. Fernando IV, Afonso XI e Enrique II ampliárono e abrírono á burguesía e aos municipios e, co tempo, debilitouse a influencia da nobreza e do clero. A súa importancia aumentou durante o reinado dos Reis Católicos, froito do centralismo gobernativo, do debilitamento das Cortes e da crecente complicación burocrática. As ordenanzas de 1480 dotárono dunha estrutura composta por un eclesiástico, tres nobres e oito ou nove letrados. O cargo de presidente, institucionalizado cara ao 1489, converteuse na segunda dignidade tralo rei. Durante os ss XVI e XVII reformouse en varias ocasións (1554, 1588 e 1608). Entre as súas funcións figuraban a de promulgar as leis reais, administrar o reino e actuar como tribunal de apelación. No s XVIII asumiu as funcións do Consello de Estado e do Consello de Aragón (1707), pero a súa importancia foi minguando. En 1834 absorbeuno o Consello Real de España e de Indias. Os seus arquivos conteñen preitos e memoriais galegos, polo que os seus fondos constitúen unha fonte de estudo para a historia de Galicia que complementan de maneira importante o Arquivo do Reino de Galicia.
Consello de Flandres
Organismo de goberno da España dos Austrias que aconsellaba o monarca en asuntos relativos aos Países Baixos. Foi creado por Filipe II en 1588 e suprimido por Filipe V en 1702.
Consello de Indias
Órgano supremo de goberno das colonias da coroa española. Tivo a súa orixe nun comité do Consello de Castela (1519), aínda que xa en 1524 se creou o Real e Supremo Consello de Indias. Nas Indias actuaba ao mesmo tempo como tribunal supremo de apelación, como consello asesor da coroa e como organismo directivo dos asuntos coloniais. Estaba composto por un presidente, catro conselleiros -que chegaron a duplicarse en número-, un fiscal, un secretario e outros funcionarios; en 1528, Carlos I creou o cargo de gran chanceler das Indias. Durante o s XVIII dividiuse en dúas salas (unha de goberno e outra de xustiza) e quedou baixo o control da Secretaría de Indias, polo que diminuíu a súa autoridade e importancia. As Cortes de Cádiz (1812) suprimírono definitivamente.
Consello de Italia
Órgano de goberno, tamén coñecido como Consello Supremo de Italia, creado por Carlos I e constituído no 1555 como un organismo independente segregado do Consello de Aragón. Estaba formado por seis rexentes -tres de España e tres italianos-, todos eles letrados, e polo tesoureiro xeral da coroa de Aragón. Tiña xurisdición sobre os reinos de Nápoles e Sicilia, o Estado de Milán e os presidios da Toscana, ademais das relacións cos estados veciños. Asesoraba o rei en problemas locais, no nomeamento de cargos, no mantemento de tropas e forzas navais, e actuaba como tribunal supremo de apelación no seu ámbito. Foi un auxiliar eficaz do Consello de Estado. Desapareceu como consecuencia do Tratado de Utrecht (1713).
Consello de Navarra
Órgano de goberno da coroa de Castela constituído para rexer Navarra. Creouno en 1515 Fernando o Católico, despois da incorporación do Reino de Navarra a Castela.
Consello de Portugal
Órgano de goberno da casa de Austria para rexer o Reino de Portugal. Creouno Filipe II en 1582, despois de incorporar Portugal á coroa (1580). Estaba composto por un presidente, seis conselleiros e dous secretarios. Carlos II suprimiuno en 1688 ao recoñecer a independencia portuguesa.
Consello da Cruzada
Consello creado no primeiro terzo do s XVI, con sede en Madrid, baixo a presidencia do comisario xeral da cruzada. Recadaba e administraba os ingresos concedidos á monarquía hispánica pola Bula da Cruzada. Actuou tamén como tribunal. Fernando VI substituíuno en 1750 por unha dirección administrativa e por un tribunal denominado Comisariado da Cruzada.
Consello de Facenda
Órgano encargado de supervisar o sistema financeiro, establecer o orzamento e buscar novos recursos na coroa de Castela. Creouno en 1523 Carlos I e reorganizouse en 1593. Estaba composto por un presidente, seis conselleiros, un gran chanceler, dous secretarios e un fiscal. En 1803 acometeu diversas transformacións e recibiu o nome de Consello Supremo de Facenda. Suprimiuse en 1834.
Consello de Guerra
Órgano encargado da defensa nos territorios peninsulares e tamén naqueles con presenza de tropas castelás. Xurdiu en 1586 como entidade independente ao separarse do Consello de Estado, ao mesmo tempo que se creaban dúas secretarías, unha de terra e outra de mar. Filipe V converteuno en Consello Supremo de Guerra e limitou as súas funcións xudiciais e administrativas.
Consello da Suprema e Xeral Inquisición
Órgano de goberno da Inquisición na monarquía hispánica. Fundado en 1483, tiña xurisdición sobre todos os tribunais inquisitoriais das coroas de Castela e Aragón. Estaba presidido polo inquisidor xeral e composto por seis conselleiros e diversos funcionarios. Ocupábase da xestión financeira e administrativa da Inquisición e dos seus bens, pero non interviña nos asuntos relixiosos. Acadou un enorme poder baixo a casa de Austria, pero as reformas borbónicas limitárono moito. En 1820, o goberno liberal aboliuno definitivamente. -
consello de administración
[DER]
Órgano colexiado permanente da administración dunha sociedade anónima, e tamén de moitas entidades de dereito público, que se ocupa das funcións de xestión e representación da sociedade. Constitúese cando existen varios administradores, actúa conxuntamente na toma de decisións, regula dun xeito autónomo o seu funcionamento e designa entre os seus membros o presidente.
-
consello de disciplina
[DER]
Organismo constituído nalgúns centros ou establecementos privados ou públicos que vixía o mantemento da orde e a conduta dos seus membros e propón sancións disciplinarias no caso de ser necesarias.
-
consello de familia
[DER]
Organismo destinado a intervir na tutela de menores non emancipados e/ou dos incapacitados. En 1983, a lexislación española suprimiuno e outorgoulle ao xuíz unha maior intervención para o control do titor en beneficio do menor ou incapacitado.
-
consello de guerra
[DER]
Tribunal de xustiza encargado das causas da xurisdición militar. Segundo a lexislación española baseada na Constitución de 1978, entende en todas as causas sometidas á xurisdición penal militar, agás as reservadas ao Consello Supremo de Xustiza Militar. Está formado por cargos militares asesorados por membros dos corpos xurídicos. As súas sentencias, para poder causar efecto, deben ser aprobadas polas autoridades xudiciais ordinarias.
-
consello de ministros
[POLÍT]
Órgano superior da Administración pública que dirixe a política xeral e ten o poder executivo. Reúne os diversos ministros e presídeo o presidente do goberno. Encárgase da dirección da política xeral e da administración do Estado. Na Unión Europea é o órgano no que están representados todos os estados membros a nivel ministerial e a súa composición varía en función dos asuntos que trate. Ocúpase da coordinación da política económica dos estados membros e da toma de decisións necesarias para o cumprimento dos tratados. A súa presidencia exércese de forma sucesiva por cada un dos estados membros, por un período de seis meses.
-
consello escolar de centro
[EDUC]
Órgano colexiado que forma parte das estruturas organizativas dos centros educativos. A través del, a comunidade escolar participa na xestión dese centro. Está composto, nos centros públicos, polos cargos directivos, o persoal de administración e servicios, o profesorado, os pais de alumnos, os alumnos e os representantes da administración local. Nos centros públicos desempeña, entre outras, as seguintes competencias: aproba e avalía a programación xeral do centro; elabora as liñas directrices das actividades extraescolares e complementarias; establece criterios de colaboración con outros centros; aproba o regulamento de réxime interno; supervisa as actividades xerais do centro; escolle director e designa o equipo directivo; aproba a admisión de alumnos; resolve conflitos e aplica as sancións ao alumnado; e aproba os orzamentos. Está regulado pola Lei Orgánica Reguladora do Dereito á Educación (LODE, 3 de xullo de 1985).
-
consello escolar municipal
[EDUC]
Órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación de ensino non universitario no ámbito municipal. Todos os concellos que posúan polo menos un colexio ou centro público de ensino obrigatorio deben dispoñer deste consello, aínda que, sen embargo, é unha práctica institucional moi reducida. Entre as súas competencias cómpre destacar: convenios e acordos de colaboración coa consellería de Educación ou calquera outra administración pública que afecte ao ensino dentro do ámbito municipal; actuacións e normas municipais que afecten aos servicios educativos; situación dos centros docentes dentro da demarcación municipal; investimentos en materia educativa; etc. A súa composición varía segundo o número de habitantes ou de colexios do concello. O seu marco legal está regulado pola Lei 3/86, do 18 de decembro, dos Consellos Escolares de Galicia e o Decreto 44/88, do 11 de febreiro, polo que se regula o Consello Escolar de Galicia e os Consellos Escolares Territoriais e Municipais.
-
consello obreiro
[POLÍT]
Organismo de carácter, composición, finalidade e atribucións moi diversas, segundo os países e o seu réxime político, que pode incluír dende a simple representación sindical ata a xestión máis avanzada. Recibe diferentes nomes segundo o Estado e as circunstancias: comité de empresa en Francia e España, comité sindical na antiga URSS e consello de xestión en Italia.
-
consello pastoral
[RELIX]
Organismo diocesano consultivo, formado por clérigos, relixiosos e segrares escollidos polo bispo.
-
consello presbiteral
[RELIX]
Organismo diocesano representante dos presbíteros para o goberno da diocese. Nas parroquias reformadas e luteranas de Francia, consistorio elixido polos fieis e adxunto ao pastor.
-
consello rector
[DER]
Órgano permanente e colexiado de representación das sociedades cooperativas que posúe funcións de administración e xestión. Pode xestionar directamente a empresa ou exercer o control directo da xestión que realiza o director, no caso de que este non exista.
-
consello xenético
[XEN]
Servicio clínico que avalía o risco de transmitir enfermidades de índole xenética á descendencia e informa da historia do desenvolvemento dos nenos afectados da patoloxía e dos tratamentos dispoñibles para cada proceso.
-
s
m
Refráns
- A caso novo, consello vello.
- Aconsellar non é dar.
- Aconsellar non é mandar nin rogar.
- Aconséllate con quen saiba e, se queres aceptar, aceptas.
- Anque sexas vello, non renegues do consello.
- Cal o consello, tal o vencello.
- Coida de dar o consello de xeito que che non tiren o pelexo.
- Colle o meu con sello e fai o que quixeres.
- Dame diñeiro e non me deas consellos.
- Damos a outro o consello e inda para nós non o ternos.
- Dar mal con sello é oficio do demo.
- Do inimigo colle o consello.
- Do vello, o consello; e do rico, o diñeiro para un remedio.
- En consellos hai que oír aos vellos.
- Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella.
- Moitos hai para aconsellar e poucos para remediar.
- Moitos parentes hai para aconsellar, mais non para remediar.
- No máis vello está o bo consello.
- Non debe dar consello o que para si non o ten.
- Non desprecies o consello do sabio ou do vello.
- Non fíes de consellas que son contos de vellas.
- Ó bo consello non se lle atopa precio.
- O can vello, se ladra, dá consello.
- O consello da muller é pouco,pero o que non o segue é un louco.
- O consello muda o vello.
- O consello non é ben recibido, se non é pedido.
- O consello segundo o concello.
- O consello tómao sempre do vello.
- O consello, ao vello; e á moza, o espello.
- O corazón maleado non quere ser aconsellado.
- O mellor conselleiro é a almofada, que dá sempre o consello e non cobra nada.
- O namorado non quere ser aconsellado.
- O que ben aconsella, ben achega.
- O que con moitos se aconsella fai o que non debera.
- O que consigo se aconsella, consigo se desconsella.
- O que dá consellos non dá diñeiros.
- O que non oe consello non chega a vello.
- Os mortos son os que dan consellos aos vivos.
- Quen dá consellos, non dá cartos.
- Se che contan consellas, abre os ollos e tapa as orellas.
- Se o bo consello tomara, outro galo me cantara.
- Se queres bo consello, pídello ao home vello.
- Vale máis pan duro que consello de burro.
- Vendo consellos, e inda para min non os teño.