Consello de Cooperación dos Estados Árabes do Golfo

Consello de Cooperación dos Estados Árabes do Golfo

Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.