Conselo

Conselo

ou río da Cenza Río afluente do Conso. Nace na vertente oriental da serra de Queixa, no límite entre as parroquias de Forcadas (concello de Chandrexa de Queixa) e Chaguazoso (concello de Vilariño de Conso). O seu curso adopta unha dirección NO-SL coa que penetra nas parroquias de Castiñeira e Vilariño de Conso, onde ten a súa desembocadura, logo dun percorrido duns 11 km.