Conservador Constitucional, El

Conservador Constitucional, El

Publicación subtitulada “El perseguidor de toda infracción” que apareceu na Coruña o 30 de novembro de 1820. Impresa por Pascual Arza y Choza, saía todos os martes, xoves e domingos, aínda que tamén publicou algúns números extraordinarios. Era de tendencia liberal e encargábase de defender o réxime constitucional establecido. Contaba coa colaboración de Vicente Pardo Patiño.