consistencia
(< consistente)
-
s
f
Estado de solidez ou firmeza dunha cousa.
Ex: Edificaron nun espazo que tiña un elevado grao de consistencia.
Antónimos: inconsistencia. -
s
f
Grao de densidade ou de espesura dunha cousa.
Ex: A consistencia do xarope é a adecuada.
Antónimos: inconsistencia. -
s
f
Calidade fundamentada e razoada que se aplica a cousas non materiais.
Ex: Coa consistencia dos seus argumentos convenceunos a todos. É un home sen consistencia.
Sinónimos: base, solidez, firmeza, base. Antónimos: inconsistencia. -
s
f
[CONSTR]
Coherencia entre as partículas que constitúen unha masa, dependente da súa natureza e da proporción de auga que contén.
Antónimos: inconsistencia. -
s
f
[MAT]
Propiedade dunha teoría non contraditoria.
Sinónimos: compatibilidade. -
consistencia cognitiva
[PSIC]
Lóxica psicolóxica que establece que o individuo sempre procura facer diminuír as discrepancias entre as súas crenzas e a súa conduta. Entre as diversas teorías explicativas deste proceso destaca a da disonancia cognitiva.