Conso, pazo de
Conso, pazo de
Construción nobre situada nas abas da serra de Queixa, en Santiago de Conso (Vilariño de Conso). Trátase dun edificio de planta rectangular cunha serie de construcións anexas e cun patio exterior rodeado por un muro. O conxunto completábase cunha pequena capela que desapareceu. No portal de acceso consérvase un escudo coas armas dos Ribadeneira, Losada e Enríquez.