consola
(< fr console)
-
s
f
[DEC]
Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.
-
s
f
[MÚS]
-
Parte superior da arpa, con forma de colo de cisne, onde están as caravillas.
-
Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.
-
-
s
f
[ARQUIT]
Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.
-
s
f
[TECNOL]
Panel no que están dispostos os mandos de control dunha instalación industrial, como unha central nuclear, ou dun aparato, como un ordenador.
-
s
f
[INFORM]
Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema, particularmente, co sistema operativo. Consta dun teclado, dunha pantalla (non gráfica) e, opcionalmente, dunha impresora de caracteres.
-
s
f
[TECNOL]
Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.