consolación
consolación
(
-
s
f
Acción e efecto de consolar ou consolarse.
Sinónimos: consolo. -
final de consolación
[DEP]
Proba disputada entre deportistas ou equipos que non conseguiron clasificarse nos primeiros postos dunha competición. Adoita celebrarse en natación ou naquelas disciplinas nas que as condicións habituais dos recintos (remo, piragüismo, etc) ou do sistema de competición (baloncesto, balonmán, boxeo, fútbol, tenis, judo e, en xeral, todos os deportes de oposición) non permiten a participación simultánea do número de competidores que poden ser distinguidos coas medallas (3) e cos diplomas (nos xogos olímpicos 8) outorgados.
-
premio de consolación
Pequena compensación que se lles adxudica a aqueles que non obtiveron ningún dos primeiros premios nos xogos de azar ou nalgún deporte.