consolo

consolo

(

  1. s m

    Acción e efecto de consolar ou consolarse.

    Ex: Foi un consolo que chegaran os pais ó enterro.

    Sinónimos: consolación. Antónimos: desconsolo.
  2. s m

    Persoa ou cousa que consola.

    Ex: É un consolo ir preparado para o exame. O seu fillo foi o seu consolo dende que lle morreu o home.

    Sinónimos: alivio, conforto. Antónimos: desconsolo.
  3. s m

    Sentimento de alivio dunha aflición.

    Ex: Dende que marchei para a súa casa sinto un consolo indescritible.

    Sinónimos: alivio, conforto. Antónimos: desconsolo.

Palabras veciñas

consolidante | consolidar | consolidativo -va | consolo | Consolo | consomé | consonancia