Constancio II
Emperador romano (337-361), fillo de Constantino I o Grande. Á morte do seu pai foi proclamado emperador polo seu exército e recibiu a parte oriental do Imperio, que comprendía Asia e Exipto, con capital en Constantinopla. Loitou contra os persas na fronteira oriental do Imperio no 338, no 346 e no 350, sen acadar unha vitoria definitiva. Defendeu a herexía ariana, polo que se enfrontou co seu irmán Constante. Despois da morte deste (350), loitou contra o usurpador Maxencio nos Balcáns e na Galia ata que o derrotou definitivamente (353). Unificou o Imperio baixo o seu poder e enfrontouse ás incursións dos alamanos na Galia. Nomeou césar o seu curmán Xuliano (355), mentres freaba os ataques persas. Morreu cando se dirixía a loitar contra Xuliano, proclamado emperador polas tropas das Galias (360).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Mopsukrene, Cilicia