constante
(
-
adx
Aplícase á cousa que permanece no estado no que está, non cambia ou non se interrompe.
Ex: O muíño precisa un fluxo constante de auga. O crecemento da economía foi constante durante este ano.
Antónimos: inconstante. Confrontacións: permanente, persistente. -
adx
Que non deixa que as dificultades venzan a súa vontade, non se cansa de traballar doadamente ou non muda con facilidade de ideas e sentimentos.
Ex: O meu curmán Lois é moi constante nos estudios.
Antónimos: inconstante. -
adx
Que se repite a cotío.
Ex: Na estrada cara á vila hai constantes atascos de tráfico.
Sinónimos: frecuente. -
adx
[BOT]
Aplícase ás especies que aparecen nun tanto por cento elevado, variable segundo os autores (por exemplo, o 90%), das mostras ou dos inventarios dunha comunidade vexetal determinada, coa condición de que todas as mostras correspondan a superficies da mesma extensión.
-
s
f
[MAT]
Cantidade que ten sempre o mesmo valor, por exemplo o número π. Tamén se lles chama constantes arbitrarias aos parámetros.
-
s
f
[INFORM]
alor que permanece sen cambiar durante a execución dun programa. En Pascal e nalgunhas outras linguaxes é posible definir nomes para representar constantes.
-
constante fundamental
[FÍS]
Cada unha das magnitudes que representa un papel singular e esencial nas teorías físicas. Distínguense as constantes que forman parte do formalismo matemático, das teorías físicas fundamentais, como a velocidade da luz no baleiro c (electromagnetismo e relatividade especial), a constante de Plank h (mecánica cuántica) e a constante de estrutura fina α (electrodinámica cuántica, QED); as constantes que caracterizan as partículas fundamentais, como a carga eléctrica fundamental ou a carga elemental e, a masa en repouso do electrón m e , ou o momento magnético do protón μ p ; e as constantes que, aínda que non correspondan a esta clasificación anterior ou aínda que se expresen en forma de relacións invariables de constantes das dúas primeiras clases, son dun grande interese para a física. O coñecemento exacto ou moi preciso do seu valor permite comparar as predicións teóricas e os resultados experimentais, co que se comproba a validez dunha teoría física; a comparación dos valores das constantes obtidas mediante experimentos de campos diferentes da física permite confrontar as diferentes teorías e calibrar a coherencia mutua; a mellora da determinación dos seus valores estimula a tecnoloxía metrolóxica; as constantes fundamentais poden chegar a ser a base dun sistema de unidades invariante e, literalmente, universal; e a súa exactitude implica a exactitude en todo o resto de medidas experimentais. O valor físico podería non ser tan constante, como propuxo Dirac en 1937; sen embargo, as modificacións nos seus valores que resulten do avance progresivo das técnicas de medida serán, durante moito tempo, moi superiores ás variacións de carácter cosmolóxico.
-
constante persoal
[PSIC]
Trazo ou peculiaridade persistente no curso da actuación dunha persoa.
-
constante rítmica
[LIT]
Elementos que aparecen de forma reiterada nun texto poético para marcar un determinado ritmo. É o caso de figuras de repetición como a anáfora, o paralelismo, a isometría ou a coincidencia na medida dos versos, a rima, os acentos, as estrofas ou as pausas versais. No verso libre, o termo alude á secuencia métrica, composta normalmente por períodos de tres a cinco sílabas, que se repite ao longo dun conxunto de versos no comezo, no medio ou no final dos mesmos.
-
constantes vitais
[MED]
Conxunto de valores físicos e bioquímicos do medio interno do organismo que, mentres se manteñan nunha marxe determinada, fan posible o mantemento da vida.