Constantino V Coprónimo

Constantino V Coprónimo

Emperador bizantino (741-775), fillo de León III Isáurico. Asociado ao Imperio dende o 720, comezou o seu goberno derrotando o usurpador Artavazda (743). Emprendeu campañas contra os árabes, freou o seu avance e recuperou Chipre. Posteriormente, restableceu o prestixio do Imperio Bizantino nos Balcáns ao derrotar os búlgaros (756). Perdeu as posesións bizantinas en Italia fronte aos lombardos (751) e, froito da disputa iconoclasta, rompeu a unidade con Roma. No interior, emprendeu unha enorme obra lexislativa, administrativa e de reorganización interna. Defendeu a postura iconoclasta no Concilio de Hiereia (754) e perseguiu a aqueles que veneraban as imaxes, principalmente os monxes. Morreu nunha campaña contra os búlgaros.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Tracia