Constanza

Constanza

Lago dos Alpes, situado entre Suíza, Austria e Alemaña, cunha superficie de 539 km2. De orixe glacial, ten un sector oriental e un occidental, este último con dous brazos: Überlingen, ao N, e Untersee, ao S. Os principais ríos tributarios son o Schussen, o Argen e o Rin, que ao mesmo tempo é emisario. Os principais centros urbanos da súa ribeira son Constanza, Friedrichshafen e Lindau en Alemaña, Bregenz en Austria, e Rorschach en Suíza.