Temas
Lago do Territorio do Noroeste, Canadá, de orixe glacial (32.000 km2). Atravésao o río do Oso e está comunicado co Gran Lago do Escravo. Desemboca no río Mackenzie. Nas beiras hai explotacións de uranio e radio.
Lago situado na illa de Honshū, Xapón, pertencente ao ken de Fukushima (104 km2). Está situado ao pé do volcán Bandai.
Lago de África que serve de fronteira entre Uganda e a República Democrática do Congo. Situado a unha altitude de 913 m sobre o nivel do mar, ocupa unha superficie de 2.200 km2.
Lago da rexión do NO da China, está situado a 3.205 m de altitude e ten unha extensión de 5.000 km2.
Lago de Suíza, no cantón de Berna. Anega unha superficie de 30 km2. Na súa orixe estaba unido co de Thun, pero depósitos sedimentarios dividíronos, o que formou unha chaira onde se ergueu a vila de Interlaken. Na súa beira dereita atópase a localidade de Brienz, centro turístico vinculado ás actividades deportivas de montaña.
