Temas

Vostok, lago

Lago subglacial situado a 4.000 m baixo a superficie da Antártida. Ten 250 km de longo e 50 km de ancho, cunha superficie de 14.000 km2 e un volume de 5.400 km3 de auga doce. Descuberto en 1996, comezou a ser perforado en 1999 para a súa prospección científica.

Máis >
Léman

Lago situado na fronteira entre Francia e Suíza. Ten 582 km2, 70 km de lonxitude e 13,8 km de extensión máxima, e está dividido no Gran Lago ao L e o lago de Xenebra ao O. Está formado por glaciares cuaternarios. Atravesado de O a L polo río Ródano, este forma un delta no extremo oriental. Na súa beira atópanse as cidades de Xenebra, Lausanne, Vevey Montreux e Thonon-les-Bains.

Máis >
P’aozero

Lago da República de Carelia, Rusia, situado ao N do territorio. Localízase ao NO do lago Topozero, está unido a este e xuntos forman o pantano de Kum.

Máis >
Okeechobee

Lago do S de Florida, EE UU (1.800 km2). Irriga unha ampla zona onde se cultiva cana de azucre e forraxe.

Máis >
Banyoles, Estany de

Lago que se atopa na provincia de Girona, situado á beira da cidade homónima. Abrangue unha superficie de 1.075.315 m2, estendéndose ao longo de 2.134 m. A súa máxima profundidade acada os 62 m. De orixe cárstica e tectónica, ao seu redor hai unha decena de lagos de menor dimensión, da mesma orixe morfolóxica. Desauga por medio de cinco canles situadas na súa parte sueste, que á súa vez forman o río Terri. O lago de Banyoles acolle unha gran riqueza piscícola (lucios, barbos, anguías, carpas, etc) e constitúe un punto ao que acoden numerosas especies de aves acuáticas. Ata o remate do s XVII, os abades do mosteiro de Banyoles exerceron o seu dominio sobre o lago, controlando o aproveitamento das súas augas para o rego e a pesca. En 1847 integrouse no municipio de Banyoles, converténdose en dominio público. É un centro de ocio no que se practica a pesca deportiva e outras especialidades náuticas, coma o remo, a navegación a vela, o esquí acuático ou a natación. Neste eido cómpre...

Máis >
Maracaibo

Lago de Venezuela, situado na depresión entre a Sierra Nevada de Mérida, ao L, e a serra de Perijá, ao O (14.000 km2). Comunica co golfo de Venezuela a través dunha canle natural duns 50 km de lonxitude. É o lago máis grande de América do Sur, e conta con importantes xacementos de petróleo.

Máis >
Champlain

Lago da cordilleira dos Apalaches, entre os estados de Vermont, Nova York (EE UU) e a provincia de Québec, no Canadá (1.500 km2). Foi descuberto en 1609 polo explorador francés Samuel de Champlain.

Máis >
Starnberg, lago de

Lago de Alta Baviera de 57 km2 , antigamente denominado tamén lago de Würm, porque este río recolle as súas augas para vertelas no Amper.

Máis >
Loading