Morto, Mar
Lago salgado do S de Palestina, entre Xordania, ao L, e Israel, ao O (1.020km2). As súas augas ocupan unha parte da depresión tectónica de Al-Gūr, prolongación en territorio asiático da gran liña de fractura do L africano. As augas do lago están a 396 m baixo o nivel do mar. O río Xordán, que é o seu tributario máis importante, desemboca na ribeira máis setentrional do lago. A depresión Al-Gūr é unha rexión calorosa e seca. A causa da forte evaporación, as augas do lago son moi salgadas, máis do 26‰, polo que a vida alí resulta totalmente imposible. O corpo humano flota alí sen inconvenientes, grazas á gran densidade das augas. A riqueza salinífera do Mar Morto permitiu crear unha importante indiustria química, localizada na costa SO, en territorio de Israel. Na súa beira sitúanse as covas e ruínas de Qumrān, onde se atoparon manuscritos coñecidos a miúdo co nome de Manuscritos do Mar Morto.