Constanza
Constanza
Cidade do länd de Baden-Württemberg, Alemaña, drenada polo río Rin, situada á beira do lago Constanza (74.500 h [1990]). É un importante centro industrial (tecidos e produtos químicos) e turístico. Fundada por Constancio II a finais do s III, a construción da cidade actual é do s X, na que se estableceu unha feira. Alí celebrouse o Concilio de Constanza (1414-1418). A guerra dos gremios (1429-1930), obrigou as empresas máis importantes a trasladarse a Ravensburg e Sankt Gallen. En 1531 formou parte da Liga de Esmalcalda; desfeita esta (1546), foi conquistada por Carlos I. En 1570 trasladouse alí o bispado de Windisch (bispado de Constanza). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral románica e a igrexa gótica de Santo Estevo.