Constitución de Atenas

Constitución de Atenas

Primeiro dos códigos legais de orixe grega coñecido establecido por Dracón a finais do s VI, sometida a matizacións dun xeito case constante. Limitaba o exercicio da xustiza ao Estado, fronte ao anterior modelo de vinganza familiar. A comezos do s VI a C, Solón devolveulles a vixencia ás normas de Dracón, e cando aboliu os poderes da nobreza, deulle a Atenas unha constitución democrática. As reformas de Clístenes, a finais do s VI, coas que modificaba as catro tribos tradicionais e instituía as dez tribos clásicas, xunto ás de Pericles, a mediados do s V, outorgáronlle o seu aspecto definitivo. Permaneceu vixente ata o s VIII d C. Coñécese grazas ao tratado de Aristóteles do mesmo nome, incluído nunha obra na que se recollía a historia e o funcionamento das constitucións doutras cidades gregas, ata chegar a 158.